PRESELECCIÓN CEOP-1 BOSQUE. 29 ao 31 de marzo. Ciudad Real
Adxuntamos unha extensa lista de persoas deportistas que loitarán polas 34 prazas dispoñibles para formar parte da SelecciónGalega do CEOP-1 de Ciudad Real.
Que significa estar entre as persoas preseleccionadas ? É un recoñecemento ao esforzó e aos méritos deportivos individuais. Tamén aplícanse decisións técnicas e valórase positivamente a participación continuada, no caso dos rapaces e rapazas das categorías inferiores, nas actividades de tecnificación da FEGADO.
Motivación e novas experiencias. A preselección ten o obxectivo de motivar ás persoasdeportistas para perseverar no proceso de mellora individual continua. Taménpara ?dar o salto? e probar a experiencia de ?saír? ás probas de nivel nacional,formando parte do grupo da FEGADO que se desplaza regularmente ás competicións.
O meu nome non está na lista.Quere iso decir que xa non podo ser seleccionado/a ? Aínda podes ser seleccionado/a se non estás na lista. A lista de persoas preseleccionadas é aberta, sempre co obxectivo do recoñecemento dos méritos deportivos individuais que se vaian acadando, cubrir as prazas dispoñibles, completar os equipos de remudas e aportar a mellor puntuación posible para a Selección Galega nos Campionatos de España por Comunidades Autónomas.
Que debo cumprir para formar parte da Selección Galega? A selección definitiva se fará entre as persoas inscritas ao CEOP-1 na plataforma SICO. Hai un número limitado de 34prazas, repartidos en grupos de categorías: SUB-16 (6 prazas) | SUB-20 (6prazas) | SÉNIOR (14 prazas) e VETERANO/A (8 prazas). As posibles vacantes en categorías veteranas ou sénior serán asignadas ás persoas deportistas máis novas. Aplicaranse os criterios de selección reflectidos no documento Programa para a tempada 2024: Seleccións Galegas O-pé, MTBO, RAID e Trail-O e que será publicado na web da FEGADO: TRANSPARENCIA +SELECCIÓNS GALEGAS.