Convocatoria da Selección Galega (O-pé) para Campionato de España en idade escolar | CESA 2021
Organiza. Federación Aragonesa de Orientación.
Lugar. Daroca (Zaragoza)
Datas da viaxe (previsión). Saída xoves 14 de outubro. Regreso domingo 17 de outubro.
Datas de competición.
- Venres 15 de outubro. Model Event (mañá) e Media Distancia (tarde).
- Sábado 16 de outubro. Sprint individual (mañá). Remudas mixtas Sprint (tarde).
- Domingo 17 de outubro. Longa distancia (mañá).
Categorías e prazas (total 24 prazas para deportistas)
- Campionato de España Infantil. Deportistas nados/as no 2007 e 2008. Permítese a participación de deportistas nados/as no 2009. 4 prazas para rapaces e 4 prazas para rapazas.
- Campionato de España Cadete. Deportistas nados/as no 2005 e 2006. Permítese a participación de deportistas nados/as en 2007. 4 prazas para rapaces e 4 prazas para rapazas.
- Campionato de España Xuvenil. Deportistas nados/as en 2003 y 2004. Permítese a participación de deportistas nados/as en 2005. 4 prazas para rapaces e 4 prazas para rapazas.
Relación de seleccionados/as (SEL). Consultar a relación adxunta (susceptible de cambios de cara a completar o 100 % das prazas, priorizando a consolidación das categorías INFANTIL e CADETE). Publícase tamén a relación de reservas (RES) que accederían a praza no caso de non confirmar ou asistir os/as seleccionados/as. Aplican os criterios de selección do Programa Xeral de O-pé 2021.
Confirmación de asistencia. Enviar correo-e a fegado.direcciontecnica@gmail.com antes das 23:50 horas do domingo 3 de outubro de 2021.
Protocolo COVID-19. Necesario auto-test de antíxenos nas 24 horas previas á saída (por conta dos deportistas).Serán de aplicación os PROTOCOLOS CSD e de REFORZO FEDO e as correspondentes actualizacións.
Equipación e SPORTident. Acargo da FEGADO. En réxime de préstamos e/ou propiedade.
Transporte, aloxamento e manutención. Autobús e manutención en albergue a cargo da FEGADO.
Impacto económico na FEGADO. Convenio Xunta-FEGADO (CESA) 6.028,00 ? (previsto en Asamblea de 17 de maio 2021).
Información do evento. Estamos á espera de coñecer o BOLETÍN nº 1. A data actual, consultar o BOLETÍN nº 0 en https://cesa2021-daroca.blogspot.com/