Noticias

MATEO RODRÍGUEZ E LUCÍA PARGA PARTICIPARON A PASADA SEMANA NO CAMPIONATO UNIVERSITARIO DE O-PÉ REPRESENTANDO Á UNIVERSIDADE DE VIGO

Entre os pasados 9 e 11 de abril disputouse o Campionato de España Universitario de Orientación a Pé 2026 na localidade almeriense de Tíjola, organizado pola Universidade de Almería. No evento participaron os deportistas da FEGADO Lucía Parga e Mateo Rodríguez representando á Universidade de Vigo (ambos socios do Club Aromon de Pontevedra).

O Campionato estivo integrado por un sprint, unha proba de longa distancia, un Trail-O e unha media distancia. Mateo Rodríguez conseguiu clasificarse entre os dez primeiros deportistas nas tres probas de orientación a pé, destacando o seu 7º posto na distancia longa.

Os resultados completos e toda a información están dispoñibles neste enlace