Noticias

CAMISETA DA FEGADO Á VENDA

Nova camiseta oficial da FEGADO á venda!

O prezo de cada camiseta é de 10 euros.

Para conseguila debedes facer unha transferencia ao número de conta da FEGADO (ES74 2080 0059 4230 4001 3404) e enviar o xustificante de pago a secretaría@fegado.es, indicando no correo o voso nome e apelidos, club e a talla das camisetas.

Tallas (unisex): XS (T1), S (TP), M, L, XL e XXL (medidas na foto adxunta)

O primeiro reparto farase o sábado 1 de abril durante a dobre proba organizada polo Club Fluvial de Lugo. As camisetas serán entregadas á persoa responsable de cada club.

Achegamos imaxes das camisetas.