Noticias

SOFÍA MARTÍNEZ E MARCOS SILVARREY REPRESENTARON A ESPAÑA NO CAMPIONATO DO MUNDO DE MTBO NA REPÚBLICA CHECA

Entre os pasados 20- 26 de agosto, a República Checa acolleu o Campionato do Mundo de MTBO, no que competiron os nosos orientadores Marcos Silvarrey (Club Gallaecia Raid) e Sofía Martínez (Club Orientación Compás), como parte do equipo xuvenil nacional.

Os deportistas enfrontáronse a un sprint, unha proba de longa distancia, unha de media distancia, unha Mass Start e unhas remudas.

Os resultados completos de todas as probas están dispoñibles aquí. Os mapas, percorridos GPS e a retransmisión por TV pódese consultar neste enlace.

Dende a FEGADO trasladamos parabéns aos nosos deportistas pola súa actuación neste Campionato.