A SELECCIÓN NACIONAL XA ESTÁ PREPARADA PARA O CAMPIONATO DE EUROPA DE MTBO
Mañá comeza o Campionato de Europa de MTBO 2024 (EMTBOC) en Polonia, que será ademais a primeira proba puntuable para a CX80 World Cup 2024.
Ata alí desprazáronse @s integrantes da Selección Española, entre @s que se atopan os deportistas galeg@s Mar Delgado (Club O Pasatmepo Betanzos), na categoría senior; Sofía Martínez e Nicolás López (ambos do Club de Orientción Compás) no equipo junior e Sara Nogueras (Club Fluvial de Lugo) e Anxo Somoza (Club Gallaecia Raid) en xuvenil.
A competición comenzará este xoves co sprint, continuando o venres coa distancia longa, o sábado será a media e o domingo o evento despedirase coas remudas.
No Live Centre da Federación Internacional (IOF) podedes seguir a retransmisión en directo das probas, cun custo total de 20 euros, ademais do seguimento GPS e os resultados en directo.
Moita sorte a tod@s!