Noticias

O EQUIPO RAZA PALLEIRA PROCLÁMASE CAMPIÓN DE ESPAÑA DE US- ROGAINING EN SENIOR MASCULINO

O pasado sábado 6 de abril a provincia de Soria acolleu o Campionato de España de Ultrascore- Rogaining 2024, que foi a segunda cita da especialidade desta tempada.

A proba, organizada polo Club Navaleno Orientación, percorreu a comarca de Pinares, un enclave único para a práctica do noso deporte.

O equipo Raza Palleira (Xoel Chamorro e Brais Piñeiro) proclamouse Campión de España na categoría Senior Masculino, completando 55 km e máis de 2000 m de desnivel positivo en case 8 h de carreira. Pola súa banda, o Endurance COCO (Javier Flores, Verónica Romero, Borja Varela) recolleu o bronce en Senior Mixto.

O conxunto Compás- Gallaecia, formado por Sonia Gómez e Claudia Oreiro, foi subcampión en veteranas feminino e o Aromon Supervetmix (María Jesús Abilleira e JavierAlvelo) terceiro en Superveteranos Mixto.

Para rematar, o conxunto Junior Mixto Tridente Fluvial Pasatempo Gallecia, integrado por Martín Casado, Sara Nogueras, Diego Silvarrey e Anxo Somoza, tamén se proclamou campión de España nesta categoría.

Dende a FEGADO trasladamos a noraboa a todos os participantes e tamén a todo o persoal da organización!

Os resultados do evento están dispoñibles neste enlace