Tecnificación dobre O-Pé e MTBO 2024 en Baiona (PO) o sábado 13 de abril
Quinta actividade de "tecnificación programada" no mapa de Chan da Tjärn (Baiona), como complemento á 4ª proba da Liga Galega de O-Pé e 4ª proba a Liga Galega de MTBO. Programa:
a) Actividade de O-Pé, específica polas características do terreo, para todos os rapaces de tecnificación pero especialmente relevante para aqueles que asistan ao CESA En Portillo (Valladolid).
b) Doble actividade de MTBO, despóis da parte de O-Pé. Actividade de MTBO na que se traballarán as velocidades de toma de decisións e cambios de sentido. Previa ao CEMTBO. Tras a actividade práctica, terá lugar a charla técnica de Mecánica Básica en MTBO aprazada na tecnificación de O Bolo.
Dispoñibilidade de chan duro. Imprescindible a inscripción mediante o formulario dispoñible no evento da proba.
Confirma a túa asistencia. É imprescindible confirmar a túa asistencia na conta de correo oripe@fegado.es. Debes especificar se queres asistir á actividade de O-Pé, MTBO ou a AMBAS.
Data límite: domingo 7 abril ás 23:50 horas (a mesma que no peche de inscricións da proba).
Punto de encontro: no Centro de Competición ás 15:30 horas.
Grupos de tecnificación: Rapaces e rapazas que xa "progresan autonomamente" en probas oficias (mínimo nas categorías M/F 12). Por decisión técnica se asignarán ao Grupo 1 (básico), Grupo 2 (intermedio) ou Grupo 3 (perfeccionamento). Tecnificación + (persoas xoves senior, xa tecnificadas e que aspiran a competir nas categorías elite): se convocarán por decisión técnica de entre as persoas solicitantes que cubriron o formulario.
Coordinan: Teresa Bellón (vogalía O-Pé), Alicia Pérez (vogalía MTBO) e Jorge Piñeiro (Dirección Técnica).
Materiais: compás e funda plástica para o mapa/portamapas. SPORTident.
Se é que non o fixeches antes, aínda estás a tempo de encher o FORMULARIO DE TECNIFICACIÓN 2024 para poder coñecer mellor as túas inquedanzas e poder adaptar mellor as nosas actividades.