Noticias

SELECCIÓN GALEGA no CAMPIONATO DE ESPAÑA DE MTBO por SELECCIÓNS DE COMUNIDADES AUTÓNOMAS

Unha vez finalizado o prazo de incrición o pasado domingo 30 de abril, publicamos a relación das persoas deportistas que integrarán a Selección Galega no Campionato de España por Selecciones de Comunidades Autónomas de Puebla del Río (Sevilla) 6 e 7 de maio de 2023.

Os criterios de selección están adaptados á Normativa FEDO 2023, que aumenta o número máximo de persoas seleccionadas a 34 deportistas (máximo 17 homes e 17 mulleres).

Asumirá o cargo de Xefa da Delegación Sonia Gómez Naya.

Parabéns e sorte a todos/as


Corrección erratas:

Onde di Eva Casado Bravo, debe dicir Eva Casado Núñez | onde di Martín Casado Bravo, debe dicir Martín Casado Núñez | onde di Iván Rodrigo, debe dicir Rodrigo Iván | onde di Fernández Pedre debe dicir Pedre Fernández.