Noticias

TECNIFICACIÓN O-PÉ en ABADÍN (LUGO) 17 abril 2021

Tal e como contemplan os proxectos deportivos das nosas especialidades de orientación, activamos o Programa de Tecnificación e Alto Rendemento Deportivo para a tempada 2021.

Obxectivo. Traballar o rendemento deportivo de base, entendido como a etapa de desenrolo e perfeccionamento previa á participación en categorías absolutas e anteriores á absoluta.

Destinatarios. Principalmente deportistas en idade escolar que buscan, dende o ámbito formativo e competitivo, acadar un maior nivel deportivo. Necesariamente serán rapaces/as que xa progresen autónomamente en categorías oficiais (mínimo M/F-12).

Grupos. Damos continuidade aos tres niveis xa consolidados. Grupo 1 (básico), grupo 2 (intermedio) e grupo 3 (perfeccionamento). Os/as deportistas serán asignados a cada grupo por decisión técnica.

Solicitudes. Enviar as solicitudes de participación para cada actividade, a través do responsable do club, á dirección de correo-e fegado.tecnificacion@gmail.com.Datos a facilitar NOME e APELIDOS | DATA de NACEMENTO | CONCELLO DE RESIDENCIA.

Prazo de inscrición: data e hora límite, domingo previo á competición antes das 23:50 horas [neste caso particular de activación do programa de PTARD, establecemos como límite o mércores 14 de abril ás 22:00 horas].


FICHA DA ACTIVIDADE

Especialidade: Orientación a Pé (bosque)

Mapa: O Ouroso (Abadín, Lugo).

Datas e horario: sábado 17 de abril de 2021 de 15:00 a 18:00 horas (horario aproximado).

Nivel técnico: medio-alto.

Prazas limitadas en cada grupo: si. Por orde de solicitude.

Grupos convocados: Grupo 1 (básico), grupo 2 (intermedio) e grupo 3 (perfeccionamento).

Escola de pequenos/as orientadores/as: a modo de proba, activamos a participación (tutelada por adestrador/es en todo momento) de nenos/as que non progresan autónomamente. Idade mínima: 8 anos.

Participación de pais/nais ou acompañantes: non permitida.

Materiais individuais: compás, porta-descrición de controis, tarxeta SPORTident, funda plástica para mapas e máscara.

Protocolo COVID: Aplica o Protocolo FISICOVID-DXT GALEGO da FEGADO. Adestramento da especialidade de Orientación a Pé (bosque).