Noticias

MATEO RODRÍGUEZ FORMARÁ PARTE DA SELECCIÓN ESPAÑOLA NO CAMPIONATO DE EUROPA DE O-PÉ

O noso orientador Mateo Rodríguez do Club Aromon de Pontevedra, representará a España no Campionato de Europa Xuvenil e Cadete de O-Pé (EYOC) xunto co resto de integrantes da Selección Nacional.

A proba disputarase en Hungría entre o 1 e o 4 de xullo e o noso deportista competirá na categoría M18.

Parabéns e moita sorte!

Adxuntos