Noticias

O GRUPO DE TECNIFICACIÓN DA FEGADO PARTICIPA NO PROGRAMA MULLER E DEPORTE DA FEDO

O grupo de tecnificación da FEGADO desprazouse os pasados 24- 27 de agosto á Serra de Urbasa (Navarra), para participar no campus "Orientación en Verano" organizado pola FEDO e convocado co apoio do programa "Mujer y Deporte" do Consello Superior de Deportes.

O obxectivo deste é promover a práctica de orientación entre as mulleres, ofrecendo charlas técnicas e 7 niveis de adestramentos, adaptados tanto a orientadores e orientadoras experimentados como a persoas que se están iniciando na práctica deste deporte.

Aproveitando esta actividade dentro do marco do nosos programa de tecnificación, a rapazada da FEGADO preparou a segunda parte do Campionato de España 2023, que se celebrará entre o 21-22 de outubro en Ávila.

Dende a FEGADO queremos agradecer o magnífico traballo da organización do evento, que nos permitiu desfrutar de adestramentos e mapas de calidade.