Noticias

REPRESENTACIÓN GALEGA NO 10MILA 2023, A PROBA DE REMUDAS MÁIS IMPORTANTE A NIVEL INTERNACIONAL

Este sábado celébrase en Skellefteå (Suecia) a 76° edición do 10Mila, a competición de remudas máis importante a nivel internacional, na que participarán máis de 450 equipos

Os nosos deportistas Brais Piñeiro e Lucía Parga compiten por segundo ano consecutivo neste evento co club sueco Snättringe SK. Brais será a terceira posta do equipo 1 masculino e Lucía a quinta posta do equipo 2 feminino.

As remudas masculinas comenzarán ás 20:30 CET e o equipo gañador rematará sobre as 6:45 do día seguinte, tras 112km completados entre as 10 postas. As remudas femininas comezan ás 13:30 e rematarán ás 18:00, cun total de 38.1km e 5 postas.

Moita sorte!


As Remudas pódense seguir na IOF TV (25 euros) e tamén nos resultados en directo . Os últimos detalles están dispoñibles na web do evento