CAMPIÓNS DE ESPAÑA DE MTBO POR OITAVO ANO CONSECUTIVO
Galicia proclamouse esta fin de semana a comunidade autónoma campioa de España de MTBO, por oitavo ano consecutivo. O evento, organizado polo Club Deportivo Rioja Alta Orientación- Rioja-O, disputouse na cidade de Logroño (La Rioja) os días 2 e 3 de xullo e contou coa participación de máis de 50 orientadores e orientadoras da FEGADO, entre os case 300 deportistas inscritos.
Na distancia media celebrada o sábado 2 conseguimos dúas medallas de ouro (Sofía Martínez en F20 e Pedro Castrillo en M21), catro pratas (Aaron Rodríguez en M15, Sonia Gómez en F40, Mª Ángeles García en F60 e Jairo Uriz en M21) e cinco bronces (Juan José Sancosmed en ME, Noa Rodríguez en F15, Alicia Pérez en F40, David Casado en M50 e María Esther Barreira e Roberto Chas en Absoluto Parellas)
O mesmo sábado pola tarde disputouse o sprint, no que tivemos tres primeiros postos (Marcos Silvarrey en M17,Sonia Gómez en F40 e Jairo Uriz en M21), outros tres segundos (Eva Casado en F17, Paulina Mosquera en F50 e María Esther Barreira e Roberto Chas en Absoluto Parellas) e un terceiro posto de Pablo Fernández en M20.
O domingo a competición despediuse coa distancia longa, na que os nosos deportistas conseguiron tres ouros (Ángel García en ME, Sofía Gómez en F20 e Jairo Uriz en M21), tamén tres pratas (Alicia Pérez en F40, Mª Ángeles García en F60 e Pedro Castrillo en M21) e outros tres bronces (Mario López en M15, Marco Silvarrey en M17 e Paulina Mosquera en F50).
Ademais, o Club O Pasatempo Betanzos logrou a primeira posición na clasificación por clubs.
Noraboa a tod@s polos bos resultados obtidos!
Achégase o enlace aos resultados completos, á canle de YouTube da FEDO onde podedes revivir o Campionato, aos percorridos GPS e á web do evento para máis información.