CATRO DEPORTISTAS DA FEGADO REPRESENTARÁN A ESPAÑA NO MUNDIAL ABSOLUTO E JUNIOR DE MTBO
A FEDO publica os deportistas integrantes da Selección Española para o próximo Campionato do Mundo Absoluto e Junior de MTBO, que se celebrará do 9 ao 16 de setembro na localidade búlgara de Shumen.
A nosa deportista Mar Delgado (do Club O Pasatempo Betanzos) formará parte do equipo absoluto; mentres que Marcos Silvarrey (Gallaecia Raid), Sofía Martínez e Nicolás López (ambos do Club de Orientación Compás) serán integrantes do equipo junior.
Dende a FEGADO trasladamos a noraboa a todos os nosos deportistas e desexamos moita sorte a todo o equipo!