Noticias

DOUS DEPORTISTAS DA FEGADO PREPARADOS PARA AS SERIES MUNIDAIS DE RAIDS DE AVENTURA

Os nosos orientadores Borja Varela e Juan José Sancosmed (ambos do Club Orientación Coruña) están en Ecuador, preparados para o Huairasinchi Imptek 2022, unha das probas das Adventure Racing World Series (Series Mundiais de Raids de Aventura).

Formarán parte do equipo Endurance xunto con Luis Soto e Natali Rosas na categoría Expedición Mixta.

A proba dará comezo o 24 de xullo ás 7:00 (hora local) e rematará o 28 de xullo tras cinco días de carreira e 400km.

Os deportistas enfrontaranse a seccións de BTT, trekking, kayak, pack rafting e cordas.

Moita sorte equipo!


Tedes máis información na web do evento