Noticias

MATEO RODRÍGUEZ E NICOLÁS LÓPEZ FORMARÁN PARTE DA SELECCIÓN ESPAÑOLA NO CAMPIONATO DE EUROPA XUVENIL E CADETE DE O-PÉ 2021

Os nosos deportistas Mateo Rodríguez (Club Aromon de Pontevedra) e Nicolás López (Club O Pasatempo Betanzos) foron convocados polos seus resultados nas probas de selección a nivel nacional para representar a España no Campionato de Europa Xuvenil e Cadete de O-pé 2021.

O evento disputarase en Vilnius (Lituania) do 19 ao 22 de agosto. Nicolás competirá na categoría M16, mentres que Mateo correrá en M18.

Parabéns aos dous e moita sorte no Campionato!


Deixamos o enlace á nova da FEDO, onde podedes consultar o resto de compoñentes da Selección Nacional.