VALLADOLID ACOLLEU A PASADA FIN DE SEMANA O CAMPIONATO DE ESPAÑA UNIVERSITARIO DE O-PÉ
@s nos@s orientadores/as Xoel Chamorro, Alán Sardinero, Mateo Rodríguez, Sara Ricoy (os catro representantes da Universidade de Vigo) e Maikel Rodríguez (da Universidade Autónoma de Madrid), competiron a pasada fin de semana no Campionato de España Universitario de O-Pé, celebrado en Portillo (Valladolid).
O evento constou de catro probas: un sprint disputado o venres 12; unha proba de media distancia e outra de TrailO, ambas celebradas o sábado 13; e finalmente a longa distancia o domingo.
Maikel Rodríguez logrou o top ten na categoría Masculina tanto na distancia sprint, na que rematou en 8º posto, como na distancia longa onde acadou a 5ª posición. Pola súa banda, Mateo Rodríguez foi o mellor galego na proba de TrailO, conseguindo un 12º posto, de entre case 80 participantes.
A FEGADO traslada os parabéns aos cinco deportistas!
Os resultados completos pódense consultar aquí e toda a información da proba está dispoñible na web do evento.