Noticias

SELECCIÓNS GALEGAS para o CEOP-2 Ávila 2023 (21 e 22 de outubro)

Publicamos o documento de Seleccións Galegas CEOP-2 Ávila 2023 en tres (3) listaxes independentes:

a) Selección Galega para o Campionato de España de REMUDAS CLÁSICAS de Hoyo de Pinares (Ávila). 33 persoas deportistas seleccionadas que integran unha SELECCIÓN GALEGA de once (11) equipos completos (6 equipos femininos e 5 equipos masculinos) máis unha persoa deportista Sénior por Decisión Técnica ata completar as 34 prazas dispoñibles.

b) Seleccións Galega para o Campionato de España de DISTANCIA MEDIA e SPRINT de Hoyos de Pinares (Ávila). 34 persoas deportistas seleccionadas individualmente para cada unha das dúas (2) competicións. DISTANCIA MEDIA: 17 mulleres e 17 homes. SPRINT: 16 mulleres e 18 homes.

Adxuntamos tamén o BOLETÍN FINAL do Campionato dispoñible a data actual.

Boa viaxe, boas carreiras e parabéns a tódolas persoas deportistas seleccionadas.