Noticias

RESULTADOS DA ÚLTIMA PROBA DA LIGA ESPAÑOLA DE US MTBO

O pasado sábado 2 de outubro cinco orientadores/as da FEGADO competiron na III e última proba da Liga Española de Ultra Score MTBO en Villatoya (Albacete).

Os nosos deportistas do Club de Orientación Compás conseguiron as seguintes medallas: Rodrigo Iván Rodríguez acadou o ouro en M40, mentres que Noa Rodríguez e Lía Rodríguez chegaron en segunda e terceira posición, respectivamente, na categoría F15

Agradecemos o traballo realizado polo Club BMT Casas de Ves e enviamos os parabéns aos nos@s deportistas!


Achegamos o enlace á web do evento onde podedes consultar os resultados completos.