Noticias

COMEZAMOS CO PROGRAMA DE TECNIFICACIÓN O-PÉ 2021

Comezamos, con máis ilusión e con máis forzas que nunca, o séptimo (7º) ano do Programa de Tecnificación da Federación Galega de Orientación.

Coincidindo co desprazamento á 3ª Proba de Liga Galega de Orientación a Pé, o vindeiro sábado 17 de abril está programada a primeira actividade entre as 15:30 e as 18:00 horas no mapa de O Ouroso (Abadín, Lugo).

Ampliaremos detalles do programa e informaremos nos próximos días sobre o proceso de solicitude de participación.

Tal e como recollen os Proxectos Deportivos 2021 das nosas especialidades (O-Pé, MTBO, Raid de Orientación e TRAIL-O), necesariamente abertos á evolución da situación actual, un dos obxectivos máis importantes para a FEGADO é o de seguir apoiando ás/aos rapazas/ces na tecnificación na modalidade deportiva da orientación, buscando facer equipo e motivándoos á adquisición dunhas boas prácticas como deportistas (superación, esforzo, responsabilidade, saber competir, saber gañar, saber perder, respecto ao medio natural, respeto aos competidores e respecto a un/ha mesmo/a).

Ganas, traballo, talento.