Eventos

XII TROFEO UNIVERSIDADE DE VIGO - 7ª PROBA DA XXII LIGA GALEGA

A Universidade de Vigo organiza un ano máis o XII Trofeo Universidade de Vigo de Carreiras de Orientación que coincide ca 7ª proba do calendario oficial da AGaCO. Como en anteriores ocasións esperamos contar coa vosa participación.

O deporte de orientación podería ser considerado en si mesmo un deporte verde: ten unha afección no medio natural practicamente nula e contribúe a fomentar o respecto pola paisaxe, a fauna e a flora, ademais de mellorar o coñecemento destes.

As emisións asociadas a celebración de eventos deportivos proveñen na súa maior parte dos desprazamentos dos participantes e espectadores. Deste xeito a Pegada de Carbono do XII Trofeo Universidade de Vigo de Orientación determinarémola a partir do tipo de desprazamento das persoas participantes e espectadoras e, para iso, necesitamos a túa colaboración!

Axúdanos a calcular a pegada de carbono cubrindo esta pequena ENQUISA.