Eventos

VI Copa Deputación de Ourense de Orientación

11/09/22. Publicación de resultados.

09/09/22 Actualización das horas de saída.

O club Peña Trevinca Barco xunto coa A.D. Limiactiva, en colaboración co Concello de Celanova, a Deputación de Ourense e o xornal La Región, organizan a VI Copa Deputación de Ourense de Orientación, e celebrarase o vindeiro sábado 10 de setembro de 2022, a partir das 17:30h.

Lugar de celebración: Vilanova de los Infantes, Celanova (Ourense)

Programa:

16:30h Apertura da secretaría e entrega de tarxetas Sportident para a carreira

17:30h Saída dos primeiros participantes

20:00h. Peche de meta e entrega de premios

A inscrición na carreira e gratuita, xentileza de todos os organizadores e por tal motivo, invítase a todolos Federados Galegos a participar.

Límite de inscricións: 150 participantes

Data límite de inscrición: mércores 7 de setembro ás 18 h.

O xornal "La Región" regalará unha camiseta a todos os asistentes.

Máis información: ori.trevinca@yahoo.es