Eventos

Copa Diputación de Ourense de Orientación. Cenlle

O club Peña Trevinca Barco xunto coa A.D. Limiactiva, en colaboración co Concello de Cenlle é a Deputación de Ourense, organizan a V Copa Deputación de Ourense de Orientación, e celebrarase o domingo 24 de outubro, a partir das 10:30h.

Lugar de celebración: área termal de Barbantes, Cenlle (Ourense)

Domingo 24 de outubro de 2021

10:00h Apertura da secretaría e entrega de tarxetas Sportident para a carreira

10:30h Saída dos primeiros participantes

12:30h. Peche de meta

A inscrición na carreira e gratuita, e por motivos sanitarios está aberta só a deportistas federados.

Por tal motivo, invitase a todolos Federados Galegos a participar.

Límite de inscricións: 100 participantes

Data límite de inscrición: martes 19 de outubro ás 22 h.

Máis información: ori.trevinca@yahoo.es