Eventos

V Raid ODISEO - Concello de Ordes

Neste evento iremos informando das novidades con respecto a segunda proba da Liga Galega de Raids de Aventura 2012.

Nos adxuntos dispoñedes da información necesaria sobre a proba, así como o formulario de inscrición.

Recordade cando enviedes o correo co xustificante de pago e o formulario de inscrición solicitar sempre confirmación de lectura!!

A finalización da proba realizaremos unha gran churrascada gratuita co que agradecemos que nos indiquedes se ides quedar ata a entrega de premios (sobre as 20:30) para calcular a comida necesaria :)

Moita sorte a todos!

Actualización mércores 18 de abril: Actualizouse a clasificación de Aventura despois da reclamación presentada polo equipo 78 - Gallaecia Austeridad de sección mixta non puntuada, revisamos os partes de transicións e vimos que efectivamente estaba marcada como mixta.