Eventos

Fase provincial da Coruña do Cto Galego en idade escolar

O Club APA Liceo organiza a fase provincial da Coruña do campionato galego en idade escolar. Será no parque de Acea da Ma, Culleredo (A Coruña) o vindeiro 29 de febreiro.

As inscricións realízanse a través do sistema que a Xunta de Galicia pon a disposición dos colexios interesados, correspondente ao programa Xogade.