Publicadas as clasificacións FINAIS de ambas categorías, así como as seccións.
ACLARACIÓNS:
1.- Proba especial: sumáronse 10 minutos ós equipos que non foron capaces de superar a proba especial (en vez de restarlle 10 minutos ós que a superaron)
2.- Sección 2- Elite: Remitímonos ó artigo 137 do regulamento de raids de aventura 2012
1.- Todos os equipos deben ter a mesma oportunidade de optar á victoria
2.- Se por calquera erro ou circunstancia imprevista se vira afectado o desenrolo normal da competición (extravío dunha baliza, erro de mapa, anulación de probas, ...), o equipo ou equipos que se vexan afectados serán informados antes de que elo perxudique ós seus resultados ou estratexias. 3.- Se non é posible avisar ou remediar a incidencia antes de que ese feito afecte ó resultado, ese tramo de percorrido deberá ser invalidado para a clasificación xeral.
O periodo de reclamacións finalizará o vindeiro sábado 6 ás 20 horas. Estas faranse ó e-mail: quitoponteceso@yahoo.es
Queremos darvos as grazas pola participación en dito raid e esperamos que disfrutarares do día de aventura.
Por outra banda, queremos pedirvos desculpas por non poder publicar no acto de entrega de trofeos, a clasificación élite, xa que tivemos problemas coa folla de cálculo que tiñamos prevista para a ocasión (e non estaba preparada para a eliminación dunha sección por "extravío" dunha baliza, como ben sabedes). Este problema fixo que fixeramos a clasificación a mán, na que desgraciadamente se nos olvidou algún parámetro que fai que varíe os postos de podio nesta categoría. Pedimos desculpas por este erro e non queremos que por este incidente, se empañe o gran esforzo e traballo que fixemos para que todos disfrutárades de este I Raid "Destino Verde" Concello de Arzúa.
Grazas e vémonos no monte.
CLUB BOMBEIROS CORUÑA
P.D. Durante toda a semana, colgaremos varios enlaces a fotos, datos da proba específica, ... teredes debida conta na web www.agaco.es e na rede social facebook.