Noticias

A FESTA DA ORIENTACIÓN GALEGA 2026 : entrega de trofeos e celebración da tempada 2026

O vindeiro 28 de novembro, ao remate do Campionato Galego de Relevos, celebraremos a Festa da Orientación Galega 2026, cunha xornada dedicada a recoñecer os éxitos e compartir un momento de encontro entre toda a familia da orientación.

Comezaremos coa entrega de trofeos do Campionato Galego de remudas. A entrega terá lugar ás 14:00 horas no salón de actos do Edificio das Federacións, situado na segunda fase de Elviña.

A continuación, entregaranse os trofeos correspondentes á Liga Galega 2026 nas modalidades de O-Pé (OPI), MTBO, Sprint e Raids.

Unha vez rematada a entrega de premios, a Federación Galega de Orientación ofrecerá un pincho para todas as persoas asistentes.

Acto seguido, celebrarase a Asemblea Xeral da Federación Galega de Orientación, á que están convidados todolos corredores e corredoras da Federación.

Agardamos contar coa vosa presenza para celebrar xuntos unha gran tempada de orientación e compartir esta xornada de recoñecemento, convivencia e festa.

Agardámosvos o 28 de novembro!

PUBLICANSE os Rankings tendo dous días laboraiss para posibles reclamacións.