Eventos

A Baiuca

  O Club APA Liceo organiza a segunda proba do calendario de orientación a pé. Terá lugar o día 5 de marzo de 2011 en A Baiuca, Arteixo, A Coruña.

  A saída estará no mesmo lugar que o ano pasado, na urbanización Penouqueira de A Baiuca. Coords UTM da zona de parking: 540265; 4794675 (Zona 29T).

  Neste evento tamén ten lugar a fase provincial do campeonato galego escolar. Xa está dispoñible o boletín informativo.

  Actualización: O enderezó de correo para enviar os xustificantes de pago é apaliceo@yahoo.com

  Atención, atención: última versión da asignación das horas de saída, publicada ás 21:00h do día 03/03/2011. Debido a algúns problemas na asignación realizada anteriormente fixéronse cambios, polo que esta é a válida.