Eventos

I Ultra BTT de Orientación

O Club SEO organiza unha proba de Ultra BTT de Orientación fora do calendario oficial que terá como saída en Ordes.

Esta proba consta dun percorrido de 70 km e 1.500 metros de ascenso.

Esta proba non é un circuito, senón que é de orientación.

Recomendamos estar ás 09:00 horas no lugar de saída e o briefing será ás 09:20.

Así mesmo recordade que o material obrigatorio é o mesmo que para unha etapa de BTT en Raid:

Material obrigatorio por equipo: Kit de reparación BTT, botiquín (1.5 mts. de venda, antiséptico, esparadrapo, analxésico), teléfono móbil.

Material obrigatorio por participante: Casco, manta térmica, bidón de auga ou CamelBak con capacidade mínima de 2 litros.

Haberá premios en metálico, trofeos e sorteo de material deportivo.

En breve engadiremos os formularios de inscrición.

Actualización: Debido á diferencia entre a distancia e desniveis indicados cos reais, demos entrada na clasificación a equipos que entraron ata con 15 minutos por encima do tempo de peche, xa que este tempo non inflúe na estratexia de execución da proba e axuda a equipos que estaban moi no límite.

Agardamos que disfrutarades moito con este evento!