Eventos

O-Precisión (Monteferro) XVI Trofeo Uni. deVigo. Trofeo Concello de Nigran

10/06. Publicación dos resultados provisionais. Nesta modalidade só conta o tempo invertido en responder aos controis + o tempo de penalización por resposta errada (por iso todos os participantes teñen 0 puntos). Queda mellor clasificado o que invirte menos tempo en responder (máis penalizacións) Tede en conta que os erros poden ser debidos a: elixir a resposta equivocada, pasarse do tempo límite (90 segundos por grupo de controis) ou non facer ben a secuencia de arranque-decisión-marcaxe.

É unha competición de O-Precisión que terá lugar formando parte do XVI Trofeo Universidade de Vigo. A súa existencia débese únicamente para permitir a inscrición dos interesados en facela.

Toda a información atóparanse nos boletíns publicados no evento de liga galega de O-Pé.
A inscrición é gratuita. Os NON federados que NON participen no evento de liga galega de O-Pé terán que pagar unha cantidade de 2 euros correspondente á licencia de proba (aseguramento). Para coñecer o procedemento de inscrición e pago destes participantes ver a información publicada nos boletins.
Utilizarase o sistema de control SportIdent. Cada participante poderá usar a súa tarxeta electrónica particular. Aos que non dispoñan dunha se lles asignará unha sen custe adicional para esta competición (se participan tamén na proba de liga galega de O-Pé terán que usar unha diferente co custe de aluguer marcado no boletín de información)

ATENCIÓN: para inscribirse na proba de liga galega de O-Pé, utilizar o evento denominado

6ª proba de liga galega de O-Pé. Nigrán

. Para inscribirse na proba de O-Precisión, utilizar este evento. Os que participen nas dúas terán que inscribirse nos dous sitios.