Eventos

11ª proba Liga Galega de O-Pé - A Coruña

En horario de mañá, a 11ª Proba da XXXII Liga Galega de Orientación a Pé. A proba será a última carreira desta tempada e parte das categorías decidirán quen son os campións da tempada 2023.

A 11ª Proba da XXXII Liga Galega de Orientación a Pé celebrarase na mañá do sábado 28 de outubro en horario de 10:00 a 13:30 horas. Discorre polo Monte do Espinle (Mesoiro), no Mapa de Mesoiro, co número de rexistro C-1078-09, cuxos autores son David Casado Bravo, Javier Arufe Varela e Natalia Pedre Fernández. O mapa foi rexistrado no ano 2009 e foi actualizado durante o ano 2023 para o seu uso nesta proba. A súa actualización anterior data de 2013.