Eventos

III Trail-Running y Andaina de Orientación de Orro

O vindeiro día 28 de decembro na localidade de Orro (Culleredo), e organizado por ADTL A Pedrosa e o Clube Gallaecia Raid terá lugar o III Trail Running e a III Andaina con orientación de Orro. O Trail Running é de carácter competitivo e haberá trofeos para os tres primeiros clasificados tanto masculinos como femininos.

Distancias e desnivel:

Trail-running: 17 km con 550 metros de desnivel positivo
Andaina: 8 km con 300 metros de desnivel positivo

Prezos :

Realizando inscrición antes o 19 de decembro ás 24:00 horas

9* euros con licenza fedo o trail running
6* euros con licenza fedo a andaina (os menores de idade non pagarán inscripción, só o seguro)
*Aqueles que non teñan licenza fedo terán que pagar 2 euros a maiores para cubrir a licenza de día ( Nota importante: non vale ningunha outra licenza, polo simple feito de que non cubriría o evento xa que os seguros só fanse cargo dos accidentes que se producen no seu deporte concreto).
Doaremos 1? solidario da túa inscripción a unha ONG do Concello de Culleredo

Realizando inscrición entre o 20 de decembro e o 23 de decembro ás 22 horas

12* euros con licenza fedo o trail running
7* euros con licenza fedo a andaina (os menores de idade non pagarán inscripción, só o seguro)
Aqueles que non teñan licenza fedo terán que pagar 2 euros a maiores para cubrir a licenza de día ( Nota importante: non vale ningunha outra licenza, polo simple feito de que non cubriría o evento xa que os seguros só fanse cargo dos accidentes que se producen no seu deporte concreto).
Doaremos 1? solidario da túa inscripción a unha ONG do Concello de Culleredo

Inscricións e información: A PARTIR DO DÍA 1 DE DECEMBRO
www.gallaeciaraid.es

Horarios das probas:

Saída do trail-running con orientación: 10:00 horas (o horario de secretaría para recoller os dorsais e tarxeta de control comeza ás (8:30 e remata ás 9:30)

Saída da andaina con orientación: 10:15 horas (entregar a autorización en secretaría para os menores antes das 9:45) Material obrigatorio trail-running e andaina:

- Mochila de hidratación ou bidón de como mínimo 400 cc. (na andaina non é obrigatorio pero é recomendable levar algo de auga ou sales, no km. 3 hai un avituallamiento).
- Cortaventos (dependendo do tempo que faga o día da proba poderá decidirse por parte da organización o non ser material obligatorio)
- O compás aínda que non é obrigatorio si é moi recomendable
- Teléfono móbil acendido o cal ha de facilitarse á organización no momento da inscrición