DIETAS SELECCIÓN GALEGA MTBO 2026
A Federación Galega de Orientación publica o listado das persoas as que lles corresponde as dietas, gastos por desplazamentos ao Campionatode España de MTBO 2026. A cantidade a percibir será de 20€ por carreira.
Establecese un período de 5 días naturais, ata o 13 de novembro as 23:59 p.m para remitir a tesoreria@fegado.es a documentación cuberta e firmada.
En anexos teñen o documento a cumprimentar e firmar.
Unha vez rematado o prazo e non entregada a documentación entenderase que renuncia as dietas MTBO 2026.
