Eventos

XIII TROFEO UNIVERSIDADE DE VIGO - 6ª PROBA DA XXIII LIGA GALEGA

A Universidade de Vigo a traves do Servizo de Deportes, organiza un ano máis o XIII Trofeo Universidade de Vigo de Carreiras de Orientación que coincide ca 6ª proba do calendario oficial da Fegado. Como en anteriores ocasións esperamos contar coa vosa participación.

Nesta ocasión estamos encantados de por o noso gran de area colaborando con DISCAMINO. Trátase dun proxecto solidario que consiste en facer realidade o soño de persoas con diferentes discapacidades de peregrinar a Santiago.

Se podes e che apetece colaborar estupendo, con 1euro podemos axudar enormemente neste proxecto solidario. Moitas grazas e boa carreira!!!