Eventos

CAMPIONATO GALEGO DE ROGAINE - (CTO. DE ESPAÑA)

O vindeiro sábado día 11 de decembro celebraráse en Betanzos, coa organización do club OPBZ, o CAMPIONATO GALEGO DE ROGAINE, que, ao ser tamén Campionato de España, contará coa participación dos mellores equipos nacionais.

Para proclamarse campións galegos tódolos compoñentes do equipo deberán ter licenza federativa de tempada por un club galego.

As inscricións estarán abertas no sistema SICO, na web de FEDO, ata o día 5 de decembro.

Serán pagadas por FEGADO as inscricións dos equipos femininos e mixtos que opten a ser Campións de España sempre que tódolos seus membros sexan federados por un club galego. Non se contemplan os recargos por inscrición en plazo con recargo nin os alugueres de tarxetas S.I.

Inscrición

O prazo para a inscrición neste evento rematou Ver na Intranet