Eventos

O-Precisión en Lugo

Este non é un evento independente. É unha competición de O-Precisión que terá lugar formando parte do XV Trofeo El Progreso - Concello de Lugo. A súa existencia débese únicamente para permitir a inscrición dos interesados en facela.
Toda a información atópase no boletín publicado no evento de liga galega de O-Pé.
A inscrición é gratuita. Os NON federados que NON participen no evento de liga galega de O-Pé terán que pagar unha cantidade de 2 euros correspondente á licencia de proba (aseguramento). Para coñecer o procedemento de inscrición e pago destes participantes ver a información publicada no evento de liga galega de O-Pé.
Utilizarase o sistema de control sportident. Cada participante poderá usar a súa tarxeta electrónica particular. Aos que non dispoñan dunha se lles asignará unha de oficio sen custe adicional para esta competición (se participan tamén na proba de liga galega de O-Pé terán que usar unha diferente co custe de aluguer marcado no boletín de información)

ATENCIÓN: para inscribirse na proba de liga galega de O-Pé, utilizar o evento denominado "4ª proba de liga galega de O-Pé. XV Trofeo El Progreso - Concello de Lugo". Para inscribirse na proba de O-Precisión, utilizar este evento. Os que participen nas dúas terán que inscribirse nos dous sitios.