Eventos

5ª proba XXXIII Liga Galega O Pé - Campionato Xunta de Galicia Distancia Media - 2ª proba VI Liga Transfronteiriza

Organizada en colaboración entre a USC de Santiago e ADC Arnela.

Celebrarase en San Alberto (mapa novo), no concello de Ribeira, e será o Campionato Xunta de Galicia de Distancia Media na modalidade de O Pé. Tamén será a 2ª proba puntuable para a Liga Transfronteiriza.

Pola tarde, en Corrubedo (no mesmo concello, tamén en colaboración ca USC e igualmente en mapa novo), poderedes desfrutar dunha proba na modalidade de Sprint que tamén terá a consideración de Campionato Xunta de Galicia da modalidade.

As inscricións de independentes, federados FEDO non galegos e/ou extranxeiros a través do seguinte formulario en DeporTicket.

  • 7 abril: Publícase o cartel da proba.
  • 17 abril: Boletín inicial + Zona embargada + Apertura inscricións.
  • 13 maio: Publicación formulario "chan duro".
  • 23 maio: Publícase o Boletín 1.
  • 28 maio: Listado inscritos.
  • 30 maio: Horas de saída e Avaliación de riscos.
  • 31 maio: Recomendacións de seguridade e medio ambiente.