Eventos

1ª proba de liga galega de Trail-O (O-Precisión). Xermade

O club Orientación Liceo da Coruña organiza a primeira proba da primeira liga galega de Trail-O (orientación de precisión). A proba desenvolverase na modalidade de TempO e terá lugar no Parque Eólico Sotavento, en Xermade (Lugo)

Un dos obxectivos desta liga é levar competicións de Trail-O a todas as provincias galegas. Comezamos pola provincia de Lugo.

Publicado o primeiro boletín.

Durante a pandemia desenvolvéronse moitas iniciativas de Trail-O virtual. A maioría delas foron en formato TempO. Para o que queira adestrar ou coñecer esta modalidade, velaquí unha ligazón a un dos sitios activos e con máis renome, que ven organizando distintas competicións de Trail-O virtual a día de hoxe. TORUS.

E aquí unha breve nova e descrición do Trail-O.