Eventos

1ª Proba da Liga Galega de Raid de Orientación (Campionato Galego) - Melide/Santiso/Toques

O 18 de marzo de 2023, os Concellos de Melide, Santiso e Toques acollerán a 1ª Proba da Liga Galega de Raid de Orientación, que á súa vez corresponde co Campionato Galego de Raid de Orientación.

Co nome de "Raid Interior de Galicia: dende o Ulla ata o Bocelo", poderedes disfrutar de paraxes aínda non percorridas nos Raid, e con moita variedade de terreos. Ríos, montañas, vales, natureza salvaxe, moita orientación...

¿Vas asumir o reto que temos preparado? ¿ou vas deixar que cho conten?

04/02: Apertura de inscricións: AQUÍ!

05/02: Publicado Boletín 1

20/02: Publicado Boletín 2

09/03: Publicado Boletín 3

17/03: Publicados pre-breafing e Raidbooks

18/03: Publicados resultados online

20/03: Publicadas fotografías (Tere Bellón)