Eventos

1ª proba de O-Pé. Arteixo, distancia media. III Memorial "PATXI ARUFE"

23/02/2017. Volta a publicar os resultados provisionais, desta vez modificando o estado dos participantes que sobrepasaron o tempo límite (fóra de control).

07/02/2017. Xa está aberto o prazo de inscrición, logo de que se cargaran no sistema as licenzas e asignación de dorsais para esta temporada. Para a proba de O-Precisión non será necesario preinscribirse.

31/01/2017. Entre as días probas, mini-evento de O-Precisión. Para os que descoñecen o deporte de orientación e máis específicamente a modalidade de precisión estamos a preparar un obradoiro para o día 11/02/2017. Ver cartel.

07/01/2017. O prazo de inscrición non se abrirá ata chegado o mes de febreiro. Todo isto para dar tempo a que os clubs xestionen as licencias de temporada e se proceda á carga dos datos no sistema de inscricións.

2 probas organizadas polo club APA Liceo no mesmo día. Pola mañán, competición de distancia media en Arteixo. Pola tarde, competición de distancia sprint, tamén en Arteixo. Entrambas, organizaremos un pequeno evento non puntuable para o ranking en formato de O-Precisión. Non será necesario desprazarse entre os eventos xa que o centro de competición estará situado sempre no mesmo lugar, aínda que as zonas utilizadas para os eventos serán non coincidentes.