Eventos

Campionato Escolar Provincial de Ourense de Orientación 2022

O campionato de orientación vaise realizar o 6 de abril de 2022 no Parque Municipal do Carballiño, Ourense.
Para formalizar a inscrición nesta proba a entidade terá que estar preinscrita na ACTIVIDADE DEPORTIVA de Orientación. Para máis información sobre este aspecto, dirixirse ao Servizo Provincial de Deportes de Ourense (en horario de mañá) chamando ao teléfono 988 386 050 ou no correo: deportes.ourense@xunta.gal