Desde a Organización das probas deste vindeiro sábado queremos aproveitar a ocasión para colaborar xunto ca Vocalía de Medio Ambiente da FEGADO e o propio Concello de Ribeira neste proxecto cunha recollida de "basuraleza", aportando algo da nosa parte para o coidado do medio no que realizamos as nosas actividades.Como o sábado o horario está un pouco apretado, quedamos facelo o venres pola...
Vic (Cataluña) acolleu a pasada fin de semana o Campionato de España Universitario de Orientación, no que participaron dous deportistas da FEGADO. Comezou o venres 17 co sprint, no que o noso deportista Mateo Rodríguez, da Universidade de Vigo, logrou entrar no top 10 coa súa 7ª posición. O sábado celebrouse a distancia longa, na que Mateo foi 5º e pola tarde disputouse o TrailO. A...
A pasada fin de semana a provincia de Huesca recibiu o Pyrene Raid, que foi o Campionato de España de Raids de Aventura e Orientación 2024 (CERA) e tamén puntuable para as Series Europeas (ARES).A proba, organizada polo Club Peña Guara, reuinu a un total de 90 equipos e máis de 300 deportistas procedentes de varios países europeos. Os equipos de elite enforntáronse a un percorrido de case...
Publicamos o Boletín 1 das probas que compoñen o I Trofeo Cidade de Ribeira:5ª LGOPé - Campionato Xunta de Galicia Distancia media1ª LGOPéSprint - Campionato Xunta de Galicia OPé SprintContén información sobre a Presaída, localizacións, cartografía e trazados, así como as "distancias e desniveis".
ABERTO PRIMEIRO PLAZO DE PEDIDOS ATA O 31 DE MAIO 2024. XA PODES FACERTE COA TÚA EQUIPACIÓN FEGADO (MTBO+CORTAVENTOS). No pasado mes de abril, a selección MTBO presentou no Campionato de España a nova equipación FEGADO para as vindeiras tempadas. Si non formaches parte da selección e queres ter a túa equipación MTBO, podes facer reserva escribindo un correo a mtbo@fegado.es, indicando:...
Publicado o listado de inscritos ao Cto Xunta de Galicia de Ultrascore-Rogaining o próximo sábado 25 de Maio. A previsión para o fin de semana será dun clima nublado pero sen choiva, ideal para desfrutar desta proba de ultradistancia. Vémonos o sábado!!
O Val do Tena (Huesca) recibe esta fin de semana o Pyrene Raid, que será o Campionato de España de Raids de Aventura e Orientación e puntuará tamén para as series europeas (ARES), polo que contará coa participación de deportistas de distintos países.A proba percorrerá as espectaculares paisaxes dos Pirineos nunha carreira de 30h non stop, con 185 km de distancia e case 8000 metros de...
A Dirección Técnica da FEDO publicou este mércores a relación de deportistas integrantes das Selección Nacional Senior, Junior e Xuvenil de MTBO para o Campionato de Europa de MTBO 2024 (EMTBOC), que se celebrará en Polonia do vindeiro 28 de maio ao 2 de xuño.Entre as persoas seleccionadas, destacamos aos nos@s orientadoras e orientadores Mar Delgado (do Club O Pasatempo Betanzos), que...
Portugal acolleu esta fin de semana o Campionato Ibérico de MTBO 2024 - CIMPOR Bairrada "O" Meeting. A proba celebrouse en Coímbra e estivo organizada polo club CAB (Clube de Aventura da Bairrada). O sábado 4 disputouse o Campionato Ibérico de Sprint, no que Lía Rodríguez (Club de Orientación Compás) e Sara Nogueras (Club Fluvial de Lugo) recolleron o ouro en D15 e D17, Anxo Somoza (Club...
A pasada noite do sábado celebrouse o 10MILA, unha das probas de remudas máis importantes de orientación a pé a nivel internacional, que reúne en Suecia dende hai décadas aos mellores orientadores e orientadoras de todo o mundo.Este 2024 disputouse en Nynäshamn, ao sur de Estocolmo, e contou coa participación de 317 equipos masculinos e 275 femininos, integrados cada un deles por 10 e 6...
Máis de 30 deportistas da FEGADO desprazáronse a pasada fin de semana á localidade abulense de Las Navas del Marqués para competir no XXVIII Trofeo Martin Kronlund, no que participaron más de 1200 persoas. O sábado disputouse a proba de longa distancia, onde Mateo Rodríguez (Club Aromon de Pontevedra) logrou a seguna posción en M20E, mentres que Irene Morales (AD Limiactiva), Araceli...
As Pontes (A Coruña) acolleu o pasado sábado o 'Eume Raid', que foi a 1ª proba da Liga Española de Raids de Aventura e Orientación 2024 (LER) e tamén o Campionato Xunta de Galicia desta disciplina . O evento, que estivo ao cargo do Club Gallaecia Raid, tivo unha duración de 23h non- stop e os equipos completaron 140km con 4000m de desnivel positivo en seccións de BTT, trekking e kaiak....
Ábrense as inscricións para o Campionato Xunta de Galicia de Ultrascore-Rogaining que terá lugar o vindeiro 25 de Maio no Castrove (Pontevedra).A proba está aberta a Federados en categoría oficial e Non Federados en categoría Open.Podedes atopar máis información nos boletíns correspondentes no evento da proba.
Se publica el ranking de O-PIE.- Se abre plazo de 15 días para posibles reclamaciones.- Los corredores que deseen puntuar en otra categoría diferente, deberán notificarlo también antes de la 5ª prueba.- E-mail de contacto para cualquier reclamación de opie o mtbo: ranking@fegado.es
Se publica el ranking de MTBO.- Se abre plazo de 15 días para posibles reclamaciones.- E-mail de contacto para cualquier reclamación de opie o mtbo: ranking@fegado.es