Xa se atopa actualizado o ranking galego, o cal inclúe as puntuacións da segunda proba que tivo lugar o día 5 de marzo en A Baiuca, Arteixo.
Xa se poden consultar os resultados provisionais da proba que tivo lugar o día 5 de marzo en A Baiuca, Arteixo, o VI Trofeo Concello de Arteixo e segunda proba da liga galega de orientación a pé.
Xa se poden consultar as horas de saída do VI Trofeo Concello de Arteixo, segunda proba do calendario de orientación a pé, que terá lugar o sábado día 5 de marzo.
Atención, atención: última versión da asignación das horas de saída, publicada ás 21:00h do día 03/03/2011. Debido a algúns problemas na asignación realizada anteriormente fixéronse cambios, polo que esta é a válida.
Está prevista a celebración das seguintes competicións: CPTO. UNIVERSITARIO DE GALICIA, o 9 de abril en Vigo. Este é un campionato aberto no que animamos a participar a tod@ @s orientistas das universidades galegas. A USC irá colgando a información disponible e facilitará os sistemas de inscrición na sú páxina web: ...
Como en años anteriores la Delegación de la Federación Española de Orientación en Castilla-La Mancha en colaboración con la Junta de Comunidades de Castilla-La Mancha organiza el curso de Técnico Nivel I de Orientación Deportiva. Os resumimos la información del curso para aquellos que estéis interesados.
O Club APA Liceo organiza a segunda proba do calendario de orientación a pé. Terá lugar o día 5 de marzo de 2011 en A Baiuca, Arteixo, A Coruña. A saída estará no mesmo lugar que o ano pasado, na urbanización Penouqueira de A Baiuca. Coords UTM da zona de parking: 540265; 4794675 (Zona 29T). Axiña estará dispoñible o boletín con toda a información.
Na sección de descargas da web da AGACO xa dispoñedes do primeiro ranking O-Pe deste 2011.
Publicanse os resultados provisionales da 1ª proba da Liga Galega de Orientación 2011 (ESCUSA)
Listo para a súa consulta, na sección de descargas. Inclúe os ultimos cambios aprobados pola Asamblea. Ademáis, a proba escolar de Ourense disputarase finalmente o día 31 de marzo.
Os clubs SM Ártabros e APA Liceo continúan co programa de adestramentos e organizan, o sábado día 12 de febreiro, un novo adestramento para corredores federados e membros deses clubs. Será no mapa do Parque de Bens, A Coruña. Nesta ocasión NON se utilizará o sistema de control sportident. Cadaquén terá que levar as súas copias do mapa. O percorrido estará listo a partir das 11h da...
Na sección de artigos creouse unha nova entrada con todos os modelos de documentos necesarios para solicitar autorización administrativa para a realización de eventos deportivos.
Información sobre o raid social que organiza o Club Montaña Ferrol en Monfero:http://www.clubmontanaferrol.com/novedades/2011/02/raid-social-monfero-2011/
Miguel Camblor fai público un interesante artigo titulado GPS e deporte de orientación, que se pode consultar ou descargar na sección de artigos.
Publícase o calendario 2011 que foi aprobado na última Asemblea da AGaCO.