O pasado 29 de agosto finalizaron os 5 Días de España- XIV Trofeo Quijotes, que se celebraron na Serranía de Cuenca e contaron coa participación de 85 orientadores/as da FEGADO. O martes 24 disputouse a primeira proba de distancia media na localidade de Carrascosa de la Sierra, nun mapa moi técnico con numerosos elementos rochosos. Ao día seguinte os nosos orientadores/as competiron en...
Pechado o prazo para inscribirse, pedimoslle ós encargados de facer os pagos dos clubs que repasen os mesmos antes de facelo.O que se pide é facer a suma dos dous nun só ingreso. Hai que ter en conta que o aluguer de SIAC vai sumado en cada proba, pero só hai que pagar un aluguer para as dúas probas.Adxuntamos un resumen. Se se detectase algún erro, consultádenos.Grazas!
A pasada fin de semana os nosos orientadores Mateo Rodríguez (Club Aromon de Pontevedra) e Nicolás López (Club O Pasatempo Betanzos) representaron a España no Campionato de Europa de Orientación a Pé (EYOC) que neste 2021 tivo lugar en Lituania. O venres día 20 disputouse a distancia longa, na que Mateo conseguiu unha 74° posición en M18. O domingo día 22 celebrouse o sprint, onde...
Datas. Tal e como contempla o noso Proxecto Deportivo de O-Pé para a tempada 2021, activamos a actividade de tecnificación en paralelo á competición dos 5 días de España e XIV Trofeo Quijotes que se celebrará osvindeiros 25, 26, 27, 28 e 29 de agosto na marabillosa Serranía de Cuenca.Horarios e puntode encontro. Pensamos nunha actividade como charlas técnicas en pequenos grupos a...
Acabamos de publicar o Boletín 2 da proba xunto con información das Distancias e Desniveis dos percorridos.Inclúese tamén un mapa antigo da zona da proba que se celebrou no 2016.Está todo case listo e agardamos a vosa participación nas probas.Podedes tamén ver un vídeo a modo de presentación da proba onde vos daredes unha idea do tipo de terreno que vos ides a atopar.
Publícase o Boletín 2 xunto con información das distancias e Desniveis dos percorridos e un mapa antigo da zona.Tamén podedes ver un vídeo presentando a proba.
O noso orientador Adrián Moreira (do Club Aromon de Pontevedra) foi entrevistado no programa ' Alto Contenido en O2' da RTVE, onde explica dende a súa experiencia en que consisten os Raids de Orientación.No enlace adxunto podedes escoitar o podcast para aprender máis sobre esta modalidade do noso deporte.
A localidade de Huerta del Rey (Burgos) acolleu a pasada fin de semana o Campionato de España de MTBO, no que Galicia logrou ser a comunidade autónoma gañadora por sétimo ano consecutivo. O sábado 24 de xullo disputouse a DISTANCIA MEDIA, onde Sofía Martínez (Club Orientación Compás) conseguiu a medalla de ouro na categoría F17, mentres que en F40 a campioa foi Cristina López (Club...
Se publica el ranking de la Liga Gallega de MTB-O después de disputada la segunda prueba en Xinzo de Limia el pasado 18 de julio.
Aínda que a especialidade de MTBO non está considerada como "deporte de contacto" e polo tanto non se esixe a realización de test de serolóxicas ou probas similares previas á competición, consideramos que tras analizar a situación epidemiolóxica é recomendable reforzar a seguridade de todos/as os/as deportistas inscritos no Campionato de España MTBO 2021.A Consellería de Sanidade na...
Mateo Rodríguez (Club Aromon de Pontevedra) e Nicolás López (Club O Pasatempo Betanzos) participaron a pasada fin de semana nas últimas probas de selección para o Campionato do Mundo Junior de O-Pé 2021 (JWOC), que se celebrará en Turquía do 5 ao 10 de setembro. O venres 16 de xullo competiron na distancia sprint en Nalda (La Rioja), ao día seguinte disputouse a distancia media en...
Tras a publicación da convocatoria de probas de preparación e criterios de selección (11 de maio de 2021) e a relación de preseleccionados/as (14 de maio de 2021) e unha vez pechado onte domingo 18 de xullo o prazo de inscripcións para o Campionato de España de MTBO que se celebrará o vindeiro fin de semana 24 e 25 de xullo en Huerta del Rey (Burgos), dende a Dirección Técnica...
O Concello de Xermade (Lugo) e o Parque Eólico Experimental de Sotavento inaguraron o pasado sábado 10 de xullo, coincidindo coa primeira proba da Liga Galega de Trail-O, un circuíto permanente de orientación (CPO) no Serrón do Lobo, formado por cinco percorridos adaptados a diferentes niveis de esixencia físico-técnica.O mapa, elaborado por Iván Mera do Club Orientación Liceo, pódese...
La empresa gallega MARMAR OUTDOOR patrocina el premio que FEDO otorga a la selección autonómica MTBO vencedora del Campeonato de España consistente en la gratuidad de las inscripciones en el Campeonato de España del año siguiente.En tanto que Galicia fue la vencedora en 2020, los componentes de la Selección Gallega MTBO 2021 no tendrán que pagar sus inscripciones en el próximo...
Publícase o ranking de liga galega de Trail-O despois de realizada a primeira proba do calendario, en Xermade (Lugo) o día 10 de xullo.