Últimas noticias

Trail-O en Xermade. Horas de saída

  • Club Orientación Liceo de A Coruña

Publícanse as horas de saída da primeira proba da liga galega de Trail-O (O-Precisión) que terá lugar en Xermade (Lugo) o vindeiro día 10 de xullo.Ofrécese unha ligazón para facer un seguimento en tempo real do desenvolvemento da competición.

CATRO ORIENTADORES GALEGOS PARTICIPARON NAS PROBAS DE SELECCIÓN PARA O EYOC

  • Sociedad de Montaña Ártabros

Esta fin de semana @s nos@s orientadores/as Eva Casado, Nicolás López (ambos do Club O Pasatempo de Betanzos), Xián Novoa e Mateo Rodríguez (os dous do Club Aromon de Pontevedra) viaxaron a Barbate (Cádiz) co obxectivo de participar nas terceiras probas de selección para o Campionato de Europa Xuvenil-Cadete de O-pé 2021 (EYOC), que este ano se celebrará en Vilnius (Lituania) do 19 ao...

A COMARCA DE ORTEGAL RECIBIU O PASADO SÁBADO O CAMPIONATO GALEGO DE US MTBO E A SEGUNDA PROBA DA LIGA ESPAÑOLA DE US MTBO

  • Sociedad de Montaña Ártabros

O sábado 3 dexullo o Ultra Score MTBO Xeoparque Cabo Ortegal fixo parada nos concellos de Cariño, Cedeira e Ortigueira, na Comarca de Ortegal (A Coruña), un paraíso natural no que se atopan os segundos cantís máis altos de Europa.Un total de 92 deportistas galegos/as competiron neste evento, de xeito individual ou por parellas, co obxectivo de visitar o maior número de controis posibles...

TECNIFICACIÓN O-PÉ en XERMADE (LUGO) próximo sábado 10 de xullo

  • Sociedad de Montaña Ártabros

Aproveitando o xeneroso ofrecemento por parte do Club Orientación Liceo de A Coruña dunha nova cartografía no Serrón do Lobo, na contorna de onde se celebrará o 1ª proba da Liga Galega de Trail-O (O-Precisión), activamos a convocatoria dos rapaces e rapazas que integran habitualmente o Grupo de Tecnificación da FEGADO.Obxectivo. Traballar o rendemento deportivo de base, entendido como a...

Publicadas Horas de Salida Jornada 4ª Selección Gallega MTBO

  • CLUB DE ORIENTACIÓN COMPÁS

GALICIA ACOLLEU A PASADA FIN DE SEMANA O CAMPIONATO DE ESPAÑA DE RAIDS DE AVENTURA

  • Sociedad de Montaña Ártabros

Os pasados 26 e 27 de xuño o Club Cornelios Raiders organizou nos concellos pontevedreses de Salvaterra de Miño, As Neves e Arbo o VI Raid do Condado-Marqués de Vizhoja, no que se disputou o Campionato de España de Raids de Aventura e a terceira proba da Liga Galega de Raids de Orientación, ademais de ser a terceira proba puntuable para o ranking nacional.As categorías superiores tiveron...

MATEO RODRÍGUEZ PARTICIPOU ESTA FIN DE SEMANA NAS PROBAS DE SELECCIÓN PARA O CAMPIONATO DO MUNDO JUNIOR DE O-PÉ

  • Sociedad de Montaña Ártabros

A pasada fin de semana Mateo Rodríguez, do Club Aromon de Pontevedra, participou nas primeiras probas de selección para representar a España no Campionato do Mundo Junior de O-Pé (JWOC), que este 2021 se celebrará en Turquía do 5 ao 10 de setembro.Estas probas desenvolvéronse preto do Pirineo catalán. O sábado 26 de xuño pola mañá disputouse a media distancia na localidade francesa...

4ª Jornada Selección GALLEGA DE MTBO

  • CLUB DE ORIENTACIÓN COMPÁS

PUBLICADO BOLETÍN 1 ENTRENO SELECCIÓN MTBO

PAGO DE INSCRICIÓNS A EQUIPOS MIXTOS NO CERA 2021

  • FE.GA.DO

Na liña do noso compromiso na defensa da igualdade no deporte, como vimos facendo dende hai unhas tempadas, as inscricións dos equipos mixtos competindo en élite ou aventura, e formados íntegramente por orientador@s federad@s por un club galego, serán pagadas directamente pola FEGADO ao club organizador.A aqueles equipos destas características que xa tiveran pagada a súa inscrición...

CUARTO POSTO PARA GALICIA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRAIL-O

  • Sociedad de Montaña Ártabros

O pasado sábado 19 de xuño, 5 orientadores/as da FEGADO desprazáronse ata Rota (Cádiz) para competir no Campionato de España de Trail-O, organizado polo Club Fundi-O. A proba desenvolveuse no Pinar de la Almadraba, que conta cunha extensa rede de pasarelas e de zonas con microrelevo, polo que os percorridos caracterizáronse por unha elevada esixencia técnica. Destacamos a novena posición...

ÁNGEL GARCÍA FORMOU PARTE DA SELECCIÓN ESPAÑOLA NO CAMPIONATO DO MUNDO DE MTBO

  • Sociedad de Montaña Ártabros

Ángel García, do Club Brigantia Aventura, representou a España no Campionato do Mundo de MTBO, que se celebrou en Kuortane (Finlandia) entre o 12e o 17 de xuño deste 2021.O sábado 12 os deportistas competiron na mass start, onde Ángel García conseguiu una 18ª posición, a apenas dous minutos e medio do primeiro clasificado. O sprint celebrouse o domingo 13 e o luns 14 foi a distancia...

Pruebas Selección Gallega 2021 MTBO

  • CLUB DE ORIENTACIÓN COMPÁS

Cambio de fechas pruebas de selección gallega MTBO.Debido a la coincidencia del O-trail del 10 de julio con las pruebas de selección nuestra 5ª prueba pasará al domingo 11 de julio. Lugar Begonte (Lugo). Próximamente se publicará boletín del entreno del 4 de julio y 11 de julio.

XORNADAS DE TECNIFICACIÓN NOS 5 DÍAS DE ESPAÑA (CUENCA)

  • Sociedad de Montaña Ártabros

No proxecto Deportivo de O-Pé 2021 (un proxecto que quedaba aberto a novidades debido á incertidume provocada pola crise do covid-19) sinalábase a idea de facer cos nos@s rapaces/as do grupo de tecnificación 4 actividades dunha tarde coincidindo coas probas da Liga de O-Pé de Abadín, Forgoselo, A Limia e Pontevedra.Ademáis, sinalábase a importancia de facer, como en anos anteriores,...

PARTICIPACIÓN GALEGA NA PRIMEIRA PROBA DA LIGA ESPAÑOLA DE ORIENTACIÓN

  • Sociedad de Montaña Ártabros

As localidades de Santa Pola e Guardamar del Segura (Alicante) acolleron esta fin de semana o X Premi d'Orientació Valenciana- Villa Santa Pola, con tres probas puntuables tanto para a Liga Española de O-pé como para o World Ranking Event (WRE) e que tamén formaban parte das probas de selección para representar a España no Campionato de Europa Xuvenil e Cadete (EYOC). Un total de 14...

ÁNGEL GARCÍA FORMARÁ PARTE DA SELECCIÓN ESPAÑOLA NO CAMPIONATO DO MUNDO DE MTBO

  • Sociedad de Montaña Ártabros

Ángel García García, do Club Brigantia Aventura, foi seleccionado polos seus resultados a nivel nacional para representar a España no que será o seu sétimo Campionato do Mundo de MTBO. Este 2021 o evento celebrarase en Kuortane (Finlandia) entre o 10 e o 18 de xuño.O noso orientador enfrontarase a unha Mass Start, un Sprint, unha proba de distancia Media, outra de distancia Longa e por...