Noticias

Proclamación definitiva de candidaturas e candidatos electos á Asemblea Xeral

Rematado o prazo de reclamacións, a Xunta Electoral eleva a definitiva a listaxe de candidaturas á Asemblea Xeral da FEGADO e, dado que o número de entidades e persoas candidatas nos catro estamentos coincide co número de entidades e persoas a elixir en ditos estamentos, non será preciso a realización de eleccións en ningún dos ditos catro estamentos (por aplicación do disposto no artigo 19.4 do regulamento electoral), polo que se proclaman ELECTAS de maneira DEFINITIVA as entidades e persoas que se sinalan no documento anexo.