EXTREMADURA RECIBIU ESTA FIN DE SEMANA UN CAMPIONATO DE TRAIL-O HISTÓRICO PARA A ORIENTACIÓN GALEGA
O pasado sábado 18 de abril disputouse na provincia de Cáceres o Campionato de España de TempO, que estivo organizado pola Federación Extremeña de Orientación (FEXO) e os clubes CD Base Don Benito e Imperdible. Ademais, o evento incluiu tamén dúas probas de Sprinte Pre-O puntuables para a Liga Española e o Ranking Mundial (WRE).
En canto aos resultados do CETO Temp-O, destacamos a quinta posición de Carla Somoza e sexta de Anxo Somoza (ambos do Club Gallaecia Raid) na categoría Junior, así como o oitavo e décimo posto de Iván Somoza (Club Gallaecia Raid) e José Antonio Ricoy (Club Aromon de Pontevedra) en Open.
No sprint puntuable para a Liga Española e WRE, Iván Somoza foi o terceiro español na categoría Open, mentres que Anxo Somoza logrou a primeira posición en Junior e Carla Somoza foi a terceira española desta categoría.
Finalmente, na proba de Pre-O tamén valedeira para os rankings nacional e mundial, Anxo Somoza foi o terceiro clasificado.
Dende a FEGADO queremos felicitar aos nosos deportistas polos resultados acadados no Campionato, que supoñen o mellor balance da historia da orientación galega nesta modalidade.
Os resultados completos pódense consultar neste enlace
