Noticias

[5+1 propostas] Aberto o prazo para a presentación de PROPOSTAS de ENMENDA de REGLAMENTOS e NORMAS ANUAIS da TEMPADA 2027 de cara á Asemblea Xeral Técnica (AxT) | venres 6 novembro de 2026 | 19:00 h (1ª conv) e 19:30h (2ª conv) | Formato on-line)

Datas e canles de comunicación

Data límite para a presentación de propostas: xoves 29 de outubro ás 23:50 horas. Soamente serán aceptadas as propostas completas, concretas (deben poder ser sometidas a votación) e adaptadas estritamente ao formato do modelo-formulario adxunto que debe ser enviado á conta de correo-e direcciontecnica@fegado.es.


Data de acceso público ás propostas recibidas: serán publicadas como adxunto nesta mesma NOTICIA da nosa web a medida que se vaian recibindo, previo análise conxunto por parte da dirección técnica e das persoas responsables de cada vogalía, se procede. As persoas interesadas poderán consultalas ata a data de celebración da Asemblea Xeral Técnica.

venres 6 de novembro de 2026.

Lugar e horario a confirmar. 1ª conv 19:00 | 2ª conv 19:30 horas (convocatoria on-line).

Data de debate e votación das propostas: venres 6 de novembro na ASEMBLEA XERAL TÉCNICA, que será en formato on-line), á que están convidados especialmente os xuíces controladores (con voz) e as persoas asembleístas (con voz e voto) que integran a nova Asemblea constituída o pasado 18 de outubro.

DATAS RELEVANTES

23/10/2026. Publicación da apertura de prazo para presentación propostas | Acceso ao FORMULARIO-PLANTILLA e INSTRUCIÓNS para a súa presentación

30/10/2026. Publicadas as 5 propostas recibidas en tempo e forma, máis unha solicitude de incorporación á Asemblea Técnica dun punto específico para falar dunha posible Normativa Adicional para as probas de Rogaining FEGADO.

01/11/2026. Pubilicada proposta recibida fóra de prazo (venres 30/10/2026) sobre inquedanzas na categoría non oficial ORIENTARAID. A Asemblea terá a capacidade de admitila para o debate na Asambela Xeral Técnica ou mesmo derivala para unha maior concreción/detalle á Asamblea Xeral de decembro.

Publicación da CONVOCATORIA da AxT (lugar e hora): VER DOCUMENTO ADXUNTO

Publicación da ACTA da anterior ASEMBLEA XERAL para a súa lectura e aprobación, se procede. VER LIGAZÓN ADXUNTA