Noticias

Ratificación do MANUAL DE HOMOLOGACIÓN de CIRCUITOS PERMANENTES DE ORIENTACIÓN DEPORTIVA da FEGADO V1.0 (Xaneiro 2024)

O pasado xoves a asamblea xeral xuntabase en convocatoria extraordinaria para ratificar o manual de homologación de Circuitos permanentes. Onde se aprobou por unanimidade.

A promoción da modalidade deportiva da Orientación a través dos CPOs. Compartimos o marabilloso traballo do noso compañeiro Xan Mariano Trigo Recarey, colaborador experto en materia de CPOs da FEGADO, que sen dúbida será o noso documento de referencia en Galicia nos vindeiros anos. Trátase dunha proposta pioneira que, como versión non comercial, nace cunha vocación de difusión gratuíta para así garantir a maior promoción da modalidade deportiva da Orientación pola vía dos Circuítos Permanentes.

Dende a profesionalidade e o rigor de quen é Licenciado en Educación Física, docente e orientador cunha dilatada experiencia de máis de dúas décadas, Xan Trigo da forma a un manual de 107 páxinas, maxistralmente maquetadas por Pablo Aller Estévez, que integran 10 anexos, unha extensa bibliografía e interesantes reseñas a diferentes páxinas web de CPOs. A introdución do manual na súa páxina 11 detalla o marco cronolóxico do establecemento dos CPOs en Galicia e mesmo concreta, aló polo ano 2019 nunha primeria charla sobre CPOs no INEF-Galicia, o que resultaría ser o xerme que daría lugar a este manual.

Presentación previa no mes de xuño. Na asemblea xeral ordinaria celebrada o pasado 22 de xuño presentouse o Manual de Homologación de Circuitos Permanentes de Orientación Deportiva da FEGADO, previa aprobación provisional do mesmo por parte da Xunta Directiva. Durante esta presentación expuxéronse os pasos dados até o momento para a súa validación así como o proceso a seguer no futuro, deixando claro que o manual poderá ser actualizado cunha periodicidade mínima de cinco anos.

Consulta libre. Acordouse por o manual a disposición das persoas federadas galegas para consulta libre a partires deste mes de setembro de cara á súa validación definitiva, se procede, na vindeira asemblea autonómica de cara a unha posterior remisión á FEDO [ver actualización do 9 de octubro 2024 a pé de páxina].

Previsión de formación FEGADO en materia de CPOs. Son necesarios todos estes pasos para unha consolidación do manual que permitirá ofrecer, no curto-medio prazo, un primeiro Curso de técnicos de Homologación de CPOs autonómico no ámbito da FEGADO.

Dispoñibilidade na nosa web. No apartado dispoñible para a súa consulta e difusión en formato dixital no apartado TRANSPARENCIA + RECURSOS DIDÁCTICOS da web da FEGADO (ver a ligazón adxunta a esta noticia).

En nome de tódalas persoas que formamos parte do ecosistema da FEGADO, grazas por tanto, Xan !!!